Publicación

Diario de Ferrol. viernes, 17 diciembre 2010

COFER pon en marcha unha Corte Arbitral ao servizo de Empresas e Particulares

José Seoane Igrexas, que durante anos foi decano do Colexio de Avogados en Ferrol, é o presidente da Corte Arbitral, que tamén conta como integrantes con Jaime Concheiro (vicepresidente), Cristóbal Dobarro (secretario), Jaime Dapena Fernández, Jaime Rodríguez-Arana, Diego Begara, Juan Antonio Sanesteban, Afonso García Ascaso, Felipe Picos Brage e Francisco de Bartolomeu. O sistema de arbitraxe permite ás partes un procedemento breve -como máximo de seis meses- e moito máis barato que o que segue calquera conflito na vía xudicial ordinaria. O laudo ditado equivale a unha sentenza firme e garántese a igualdade de oportunidades para as partes no procedemento.

?Se os empresarios queren resolver os seus asuntos de xeito vinculante e clara, este instituto podería favorecerlles?, declarou José Seoane durante a presentación do novo órgano.

Jaime Concheiro, que tamén participou na rolda de prensa, aproveitou a ocasión para regalar a Cofer a súa última obra, ?Inmatriculación das leiras no rexi