Publicación

La Voz de Galicia. domingo, 06 febrero 2011

A corte de arbitraxe da patronal ponse en marcha con 10 expertos

A Corte de Arbitraxe do Noroeste, que creou a Confederación empresarial de Ferrol e comarca (Cofer), comezou a andar. Pretende ser unha ferramenta de solución rápida e eficaz de conflitos principalmente civís entre empresarios, pero tamén entre particulares que se acollan á súa arbitraxe. Presidida polo xurista José Seoane, está integrada por outras nove persoas, expertos en diferentes ámbitos. Os veredictos serán de obrigado cumprimento e se algunha das partes os desoye, o xuíz civil poderá executalos.

Con José Seoane están na corte nove expertos en diferentes sectores que intervirán de acordo coa materia que teña que resolver. Durante o acto de presentación da institución, onte, no Parador, ante diferentes sectores da cidade, indicou que se buscou entre os xurados a integración xurídica e económica.
Aínda que ten pouca tradición en España -a lei reguladora é do 2003- a arbitraxe está chamado a ser unha fórmula de solución de conflitos no futuro. Sobre todo vendo o colapso dalgúns tr