¿Quen Somos?

Hoxe en día, todos os cidadáns ou polo menos unha gran maioría, experimentamos en primeira persoa o enorme colapso que está tendo lugar nalgúns tribunais do noso país á hora de resolver un conflito, sen esquecernos das graves repercusións económicas e danos morais que isto produce.

Co obxecto de solucionar todos aqueles conflitos que se sometan a arbitraxe, tanto a nivel nacional como internacional, xorde a iniciativa dentro da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal de constituír unha Corte de Arbitraxe que actuaría como elemento dinamizador nas relacións mercantís, así como soporte na internacionalización das empresas.

Por iso, a Xunta Directiva de Cofer propón a súa posta en marcha, encarga de resolver conflitos e ofrecendo un servizo máis ás empresas en particular e á cidadanía en xeral.

O 14 de outubro de 2009 son aprobados en Asemblea os seus Estatutos, o Regulamento de Réxime Interior e os compoñentes que formarán parte da mesma.

Con data 9 de Novembro de 2009 ten lugar a Sesión Constitutiva da Corte Arbitral e a elección dos membros do Comité Permanente:

  • Presidente: D. Jaime Concheiro del Río.
  • Vicepresidente: D. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz.
  • Secretario: D. Jesús Oroza Alonso.

Nese momento, queda constituída oficialmente: A Corte de Arbitraxe do Noroeste, ao servizo das empresas e da sociedade ao obxecto de resolver aqueles conflitos que lle foron encomendados.