Arbitraxe

A arbitraxe, como institución xurídica, é un medio eficaz alternativo á Xustiza ordinaria que permite a solución dos conflitos entre dous ou máis partes, no que un terceiro neutro e imparcial, denominado árbitro, resolva a controversia ditando o laudo (sentenza) de obrigado cumprimento.

As principais características da Arbitraxe son:

  • Igualdade de oportunidades para as partes, tanto públicas coma privadas, que inicien o procedemento.
  • Cumprimento obrigatorio. O laudo (resolución que dita o árbitro) equivale a unha sentenza firme, sendo definitivo e de obrigado cumprimento.
  • Procedemento rápido, simple e económico, que parte dos mesmos principios esenciais da Xustiza ordinaria.
  • Cláusulas arbitrais nos contratos: a existencia das mesmas faise de vital importancia para prever posibles conflitos.
  • O árbitro: será independente e imparcial. En todo caso, non poderá manter relación profesional, comercial ou persoal coas partes.

Dentro das controversias susceptibles de someterse ao procedemento arbitral atópense enmarcadas no ámbito civil (sociedades civís, asociacións e comunidades de bens, propiedades horizontais, contratos de servizos profesionais?), no ámbito mercantil (leasing, renting, factoring, comercio exterior, compravenda mercantil...) e no ámbito administrativo (xustiprecios, indemnizacións, interpretación de cláusulas de contratos...)