Publicación

Diario de Ferrol. Friday, 17 December 2010

Impulsan unha Corte Arbitral para dirimir conflitos sen ir ao xulgado

A Confederación de Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal (Cofer) celebrou onte a presentación da Corte de Arbitraxe do Noroeste, un órgano que está a disposición de cidadáns e empresas para resolver os seus conflitos civís, mercantís ou testamentarios sen necesidade de recorrer aos longos e custosos procedementos xudiciais. Durante o acto que se celebrou onte no Parador subliñouse que o laudo ditado pola corte arbitral ten os mesmos efectos que unha sentenza.

O ?tribunal? está presidido polo letrado José Seoane, que durante anos foi decano do Colexio de Avogados de Ferrol e que é membro da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación; Jaime Concherio, rexistrador da Propiedade, é o vicepresidente, e Cristóbal Dobarro, avogado e o verdadeiro impulsor da iniciativa, é secretario. Ademais, forman parte da Corte Arbitral o avogado Jaime Dapena; o catedrático de Dereito Administrativo pola Universidade da Coruña Jaime Rodríguez-Arana; o médico Diego Begara; o avogado especiailsta e